Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil - Cubainformación.- Nun día luminoso conmemorouse na capital da Galiza, Santiago de Compostela, ao pé do monumento ao apóstolo da independencia cubana, o 171 natalicio de José Martí.
Organizado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, coa colaboración do Consulado Xeral de Cuba e o Concello da cidade, e coa asistencia de unhas 70 persoas, levouse a cabo unha sinxela homenaxe.
Comezou a actividade coa interpretación do himno cubano para a continuación fazer unha ofrenda floral do Concello e do Consulado de Cuba, xunto coas amigas e amigos de Cuba así como de residentes do país irmán na nosa terra.
A continuación tomaron a palabra Valentin Alvite en nome da asociación, o poeta Anxo Angueira, a poeta Andrea Nunes, a Consulesa de Cuba Annabel Lafargue e a Alcaldesa de Compostela Goretti Sanmartín.
Todos e todas elas glosaron a figura de Martí como político, escritor, poeta e pensador e trouxeron as súas ideas á actualidade reivindicando a vixencia de todas elas.
Por último interpretouse o himno galego.
Ofrenda floral do Consulado, xunto coas amigas e amigos de Cuba así como de residentes do país irmán na nosa terra
Ofrenda floral do Concello
Consul e Alcaldesa tras a ofrenda floral
Valentin Alvite, da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil
Anxo Angueira, poeta
Andrea Nunes, poeta
Annabel Lafargue, consulesa de Cuba
Goretti Sanmartín, Alcaldesa de Compostela