Cubainformación / Texto e fotos da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.- Como xa se tiña informado, o venres 15 presentouse no local da CUT (Central Unitaria de Traballadoras) de Cangas, e dentro dos chamados "Venres culturais da CUT na comarca do Morrazo" o libro sobre Francisco Villamil, heroe da guerra de Cuba e xeneral de división do exército Mambí, nacido na Galiza.
Con boa asistencia e moito interese por parte das persoas asistentes.
De esquerda a dereita Manolo Camaño de relacións internacionais da CUT, e Moncho Leal e Gustavo Luca da Asociación de Amizade galego Cubana Francisco Villamil