Texto e fotos da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.- O venres 5 de abril presentouse en Nigrán o libro editado por la Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil co gallo do noso 40 aniversario.
Esta presentación realizouse no marco da charla-coloquio organizada pola asociación Lucenza-Ateneo de Nigrán, na que os nosos compañeiros Moncho Leal e Gustavo Luca foron convidados a falar sobre a participación dos galegos na loita de independencia de Cuba.
Cunha concorrida asistencia e un animado coloquio, falouse da vida de Francisco Villamil e de tantos e tantas galegas que emigraron a Cuba no século XIX, participando nas guerras de independencia e contribuíndo coa súa vida á liberdade do pobo cubano, nunhas loitas que tiveron a súa continuidade no século XX co proceso revolucionario que encabezou Fidel Castro.
Informouse tamén dos 40 anos de vida da nosa asociación e das campañas que estamos a desenvolver contra o bloqueo e en solidariedade coa revolución e o pobo cubano.