Movemento Galego ao Socialismo - Cubainformación.- A lamentábel morte dun recluso cubano serviu como excusa para iniciar unha nova campaña de difamacións e ataques á revolución cubana e ao seu sistema político, o socialismo.

Ao contrario do que se dixo por parte da maioría dos medios de comunicación e dirixentes políticos, Orlando Zapata foi condenado por delitos comúns que nada tiñan que ver coa súa ideoloxía. Por isto, non hai base algunha para consideralo un “preso político”, nin moito menos “de conciencia”. A pesar de recibir en todo momento a asistencia médica adecuada, a súa folga de fame para demandar un trato mellor ao recibido polos demais reclusos acabou levándoo á morte, e a partir dese momento pasou a ser reivindicado como “mártir” polos sectores que defenden o retorno de Cuba ao capitalismo, patrocinados directamente polos Estados Unidos.

 


 

Por este motivo, primeiro veu o unánime coro mediático contra o goberno cubano, logo o linchamento ás escasas voces públicas discrepantes co discurso oficial e despois a resolución do Parlamento Europeo, á que probabelmente tentarán sumarse outras institucións nas próximas semanas. Todo forma parte da mesma estratexia: utilizar este feito como nova excusa para incrementar o nivel dos ataques contra Cuba e o seu sistema político, que é o que realmente incomoda os poderes fácticos.

Cuba é un “mal exemplo” para os pobos do mundo que aspiran a dotarse de soberanía real e de sistemas socio-económicos xustos, por iso é atacado con tal virulencia. O obxectivo final é reintegrar a Cuba ao capitalismo, acabando así coa resistencia heroica dunha illa que evidencia que é posíbel construir alternativas á lóxica criminal do libre mercado.

Cremos ademais que non ten nengunha lexitimidade para criticar supostas violacións dos dereitos humanos quen apoian gobernos que practican o terrorismo de estado (como o israelí ou colombiano) ou promoven guerras de ocupación (Iraque, Afeganistán). Nin os mesmos que recorren aos informes de Amnistía Internacional mentres ocultan os que desde esa mesma organización e moitas outras denuncian as evidencias de torturas no estado español. Son eses mesmos que silencian os millóns de mortes provocadas directamente polo sistema capitalista cada ano (por fame, por guerras ou por enfermedades curábeis) os que coa excusa dun suicidio condenan a Cuba, ao seu réxime político e ao seu goberno, que garante unha vida digna a toda a súa poboación, con emprego, alimentación, atención médica e vivenda garantidas.

Desde o Movemento Galego ao Socialismo pensamos que o mellor apoio que podemos ofrecer ao pobo cubano é denunciar a persistencia do criminal bloqueo económico imposto polos EUA, que impide que a vida na illa poda desenvolverse aínda con normalidade. Así mesmo, reclamamos a liberdade dos 5 presos cubanos secuestrados nas cadeas estadounidenses sen un xuizo xusto, e manifestamos de novo o noso apoio á Revolución, pois sabemos que será o pobo da illa caribeña o que, como fixo nos últimos 51 anos, tome as mellores decisións sobre o seu futuro, no marco do socialismo do que se dotou e que seguirá a defender.

Solidaridad
Cubainformación.- Desde el 4 de mayo ya pueden ser contempladas, en la localidad guipuzcoana de Hernani, cinco exposiciones creadas por la asociación vasco-cubana de amistad Euskadi-Cuba que, este sábado 11 de mayo, desde las 12 ...
Cubainformación.- En la Festa Roja del Partit Comunista del País Valencià - PCPV, el  sábado 11 de mayo, a partir de las 12h., se realizará una mesa redonda expositiva sobre las conclusiones del Tribunal Intern...
Santo Domingo, 4 may (Prensa Latina) Dominicanos amigos de Cuba reclamaron hoy el fin del bloqueo económico, comercial y financiero de Estados Unidos y exigieron al presidente de ese país, Joe Biden, eliminar a la isla caribeña ...
Lo último
La Columna
La Revista