Moncho Leal - Cubainformación.- O pasado venres, 31 de agosto celebrouse na Gentalha do Pichel, local comunitario de Santiago de Compostela, un acto conmemorativo do 139 aniversario da morte de Francisco Villamil, xeneral do Exército Libertador e segundo do Maior Xeneral Ignacio Agramonte, e orixinario da Galiza.


O acto foi presentado por Jano, da Gentalha do Pichel, centro social do que partiu a iniciativa de celebralo.

Interveu en primeiro lugar Moncho Leal, en representación da Asociación de amizade galega - cubana que leva o nome de Francisco Villamil. Subliñou as características da asociación que foi fundada en 1983, co obxectivo de fortalecer as relacións entre as nacións galega e cubana e defender as conquistas da Revolución. Destacou tamén a existencia da manipulación informativa que atenta contra a verdade da situación cubana, polo que a Asociación traballa coas alternativa da súa propia páxina electrónica e a difusión de Cubainformación.

Seguiu Alejandro Fuentes, cónsul xeral da República de Cuba na nosa terra. Expuxo a existencia dunha Cuba histórica, produto do xenocidio da poboación indíxena e da mestura de xentes procedentes de diversos puntos: estado español, África, China,…así como a participación de persoas de distintos países nas loitas de liberación que sucederon ao longo dos anos, sendo paradigmático o comandante Che Guevara, pero nas que houbo tamén moitas que procedían da Galiza.

Xosé Neira Vilas encheu a xuntanza de datos, datas e persoas coa memoria espectacular que lle caracteriza. Nomeou a distintas persoas coma María araúxo, a guerrilleira, a súa filla Dora Carcaño, dirixente feminista continental, a Manuel Díaz, loitador na Serra e en Angola, a Bieito Gómez, que usou as abellas coma arma…Centrouse logo na historia, con espazos aínda por completar, de Francisco Villamil. Coma Céspedes, Villamil, liberou aos seus escravos para incorporarse á loita antimperialista cubana. Morre produto precisamente dunha ferida de combate.

Logo houbo uns petiscos e a actuación musical do grupo galego-cubano "Paraiso Caribe".

Perfil de Francisco Villamil en Ecured: http://www.ecured.cu/index.php/Francisco_Villamil

Solidaridad
El Movimiento Democrático de Mujeres en España (FDIM-España) solicita la exclusión de CUBA de la lista de patrocinadores del terrorismo....
La dirección de la ONG AWON IYAAMI, ubicada en Asturias, nos remite esta declaración....
La Coordinación Nacional de la Asociación Suiza-Cuba ASC/VSC nos hace llegar este comunicado....
Lo último
La Columna
La Revista