Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" - Cubainformación.- Esta exposición vai dirixida a recadar fondos para a campaña #Coa man no corazón, destinada á compra de 1000 marcapasos para enviar a Cuba.


O acto inaugural da Exposición solidaria "Artistas galeg@s lembran o Che" se celebrará o luns 31 de marzo ás 18 h. no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, situado na praza Salvador Parga. Nel, participarán a Cónsul de Cuba, Ingrid Izquierdo, a Alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartin Rei e o pintor Yoseba Muruzábal procederá a realizar unha intervención artística.

Esta exposición, de carácter solidario co pobo cubano, comezou o seu andar hai 26 anos. Nos seus inicios, constaba de máis de 100 obras de artistas do noso país, figurando, entre outros pintores relevantes, os nomes de Xaime Quesada, Acisclo Manzano, Quintana Martelo, Gogue ou Carlos Silvar.

Na actualidade, consta de 32 pezas. Poderá ser visitada durante todo o mes de abril no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia e a totalidade das doazóns que recibamos polas obras expostas será destinada a MediCuba-Europa para a adquisición dos marcapasos. 

Xa fixemos entrega en xaneiro de 2.383 euros recollidos en Galiza desde agosto pasado. Grazas ao esforzo solidario internacional MediCuba-Europa fixo chegar a Cuba 430 marcapasos no 2024, tendo xa preparada unha nova achega de 60 dispositivos máis. Estamos seguros de poder cumprir a meta dos 500 aparatos para o 2025.

Acude e difunde!!

Solidaridad
Minrex Adelaide, 29 de marzo de 2025.  Desde el 28 y hasta el 30 de marzo se realiza en la ciudad de Adelaide, capital del estado de Australia del Sur, la 31 edición de la Consultación Nacional de la Asociación Australiana ...
Lo último
La Columna
La Revista